estilos de swing

Clases de baile blues en Vigo

Os bailes de blues: conexión, improvisación e música lenta e intensa. Báilanse en parella e tamén en solitario.

Baixo o nome de blues agrúpase unha familia de bailes afroamericanos que naceron nos juke joints, nas festas caseiras e nos salóns do sur de Estados Unidos ao ritmo do blues. Hai estilos máis lentos e pegados ao chan e outros máis elegantes, pero todos comparten o esencial: escoitar a música, improvisar e unha conexión moi intensa coa parella.

É o complemento perfecto do Lindy Hop: en calquera festa de swing soan blues lentos, e saber bailalos permíteche gozar de toda a noite.

Onde aprender blues en Vigo

En ¡Baila Swing! ensinamos blues en obradoiros e intensivos. Consulta os eventos ou escríbenos para saber cando é o próximo.

Inscríbete Ver todos os horarios

← Volver á portada