estilos de swing

Clases de Charleston en Vigo

O baile dos tolos anos 20: patadas, cruces de pés e moita enerxía. Báilase só, en parella ou en grupo, e está na base do Lindy Hop e do Solo Jazz.

O Charleston fíxose famoso en 1923 coa canción «The Charleston», de James P. Johnson, no musical de Broadway Runnin' Wild, aínda que as súas raíces están nas danzas das comunidades afroamericanas do sur de Estados Unidos. Foi o baile dos tolos anos 20: flappers, patadas ao aire e pés que se cruzan a toda velocidade.

Hai dous grandes estilos: o Charleston dos anos 20, que se baila sobre todo en solitario ou en grupo, e o Charleston dos 30 ou swing charleston, que se baila en parella e forma parte do vocabulario do Lindy Hop.

Onde aprender Charleston en Vigo

En ¡Baila Swing! o Charleston está presente nas clases de Solo Jazz (en solitario) e nas de Lindy Hop (en parella), e aparece a miúdo en obradoiros e intensivos. Non necesitas experiencia: empezamos polo paso básico e imos complicándoo aos poucos.

Inscríbete Ver todos os horarios

← Volver á portada