estilos de swing

Clases de Lindy Hop en Vigo e Pontevedra

O Lindy Hop pertence á cultura afroamericana e é o estilo de Swing máis coñecido. Báilase en parella e naceu nos anos 20 co apoxeo das big bands de jazz en Harlem (Nova York). É o estilo que nos une a todos os bailaríns de Swing na pista.

O Lindy Hop naceu a finais dos anos 20 nos salóns de baile de Harlem, sobre todo no mítico Savoy Ballroom, ao ritmo das big bands de jazz. Mestura pasos do Charleston, o claqué e outros bailes da época con moita liberdade para improvisar: cada parella interpreta a música á súa maneira.

É un baile social: non se trata de memorizar coreografías, senón de aprender a comunicarte coa túa parella para bailar calquera canción con calquera persoa. Por iso na clase rotamos e bailamos todos con todos, e non fai falta vir en parella.

Como son as nosas clases

  • Básico: empezamos desde cero, cos ritmos, pasos e figuras fundamentais.
  • Intermedio: novas figuras e variacións sobre a base.
  • Avanzado: combinamos o que xa sabemos para explorar a nosa forma de movernos, a musicalidade e a improvisación.

Damos clases de Lindy Hop en Vigo e en Pontevedra. Abaixo tes os horarios ao día.

Horarios de Lindy Hop

Martes

Escuela de Danza Inés Núñez

20:00–21:00 Lindy Hop Intermedio

R/ Uruguai, 6

Mércores

Escuela de Danza Inés Núñez

20:00–21:00 Lindy Hop Básico

R/ Uruguai, 6

Venres

Escuela de Danza Déborah

19:30–21:30 Lindy Hop 2 venres ao mes - Clases de 2 horas Outubro: 2 e 23 Novembro: 13 e 20 Decembro: 11 e 18

Rúa Xan Guillermo, 25, 36002

Inscríbete Ver todos os horarios

← Volver á portada