estilos de swing
Clases de Solo Jazz en Vigo
Estilo de Swing individual. Do mesmo xeito que o Lindy Hop, pertence á cultura afroamericana e xurdiu na época dourada das big bands en Nova York. O Solo Jazz permíteche interpretar a música swing e expresar co teu corpo o que che transmite. Aprenderás connosco os pasos orixinais da era do swing e as súas innovacións posteriores, tanto en coreografías como en improvisación.
O Solo Jazz (tamén chamado jazz vernacular ou authentic jazz) é a parte do swing que se baila sen parella. Recolle os pasos que se bailaban nos anos 20, 30 e 40 —Charleston, Suzie Q, Shorty George, Boogie Back…— e moitos seguen vivos en coreografías como o Shim Sham ou o Big Apple, que se bailan nas festas de swing de todo o mundo.
É ideal para empezar no swing sen depender de ninguén, para gañar ritmo, musicalidade e estilo se xa bailas Lindy Hop, e para pasalo en grande con música de big band.
Como son as nosas clases
As clases son multinivel: valen tanto se empezas como se xa tes experiencia. Traballamos os pasos orixinais da era do swing e as súas variacións posteriores, en coreografías e en improvisación.