Política de cookies
Que son as cookies?
As cookies son pequenos ficheiros que se gardan no teu navegador ao visitares unha web. Tamén existen tecnoloxías similares, como o almacenamento local do navegador, ás que se aplica esta mesma política.
Que cookies usa esta web?
Esta web usa o mínimo imprescindible:
- Técnicas (sempre activas): a cookie de sesión de Django (para o panel de xestión e a protección dos formularios), a cookie de idioma (bsv_lang, dura un ano) que lembra o idioma que escolles coas bandeiras e o rexistro da túa elección de cookies no almacenamento local do navegador. Son necesarias para que a web funcione e non requiren consentimento.
- Contido externo (YouTube): os vídeos están integrados de forma que non se carga nada de YouTube ata que ti o aceptes. Ao reproducir un vídeo, YouTube (Google Ireland Ltd.) pode instalar as súas propias cookies e recibir datos como o teu enderezo IP conforme á súa política de privacidade. Usamos o dominio de privacidade mellorada youtube-nocookie.com.
Como xestiono a miña elección?
Podes aceptar ou rexeitar o contido externo desde o aviso de cookies ou en calquera momento desde a ligazón «Configurar cookies» do pé de páxina. Tamén podes borrar as cookies desde a configuración do teu navegador.
Canto dura a miña elección?
A túa preferencia gárdase durante 6 meses; pasado ese tempo, volverémoscho preguntar.
Última revisión: 30 de Outubro de 2026