quen somos
O equipo
Os directores e impulsores do proxecto ¡Baila Swing! son Nerea Jenglemad e Miguel Pino, cunha traxectoria de anos ensinando bailes swing. Comezaron no proxecto Swing Monkeys en Málaga en 2017, e despois trasladáronse a Vigo para fundar ¡Baila Swing!
Para saír da súa zona e afondar no seu coñecemento viaxaron a Los Ángeles (California), Columbus (Ohio) e Austin (Texas), e estiveron varias veces no Herräng Dance Camp (Suecia), considerado a orixe do renacemento do Lindy Hop. En Herräng puideron coñecer en persoa e recibir clase de lendas como Norma Miller, Chester Whitmore, Chazz Young, Sugar Sullivan e Barbara Billups.
Formáronse especificamente como profesores de Lindy Hop cos profesores suecos Åsa e Daniel Heedman, de recoñecida traxectoria internacional, e recibiron clases particulares de profesores de prestixio como Ariadna Beltrán (ESP), Simon Bresanelli (UK), Héctor Artal (ESP), Sonia Ortega (ESP), Nils Andrén (SWE), Bianca Locatelli (IT), Maxi Prado (ARG) e Stephen Sayer (USA).
Ambos gañaron premios en competicións nacionais e internacionais de Lindy Hop, Collegiate Shag, Boogie Woogie e St. Louis Shag. Tamén apareceron en repetidas ocasións na televisión galega (TVG) e traballaron como bailaríns en tres videoclips.
Para eles, comprender a cultura swing implica afondar nas raíces da cultura negra afroamericana e tentar aprehendela en todas as súas manifestacións: len constantemente sobre historia do jazz e do blues e practican outras artes como a música, o claqué, o hip-hop ou o funk.
Actualmente seguen a viaxar para formarse, mellorar e comprender as correntes contemporáneas do swing desde unha perspectiva crítica.