o swing chega a Pontevedra!
Clases de swing en Pontevedra
Desde outubro de 2026 ¡Baila Swing! tamén dá clases en Pontevedra, e o grupo non parou de medrar. Se vives en Pontevedra ou arredores e che apetece aprender a bailar swing, gozar de boa música e coñecer xente, este é o teu sitio.
- Que bailamos: Lindy Hop, o baile swing máis popular, nado en Harlem nos anos 20.
- Cando: dous venres ao mes, de 19:30 a 21:30 (catro horas de clase ao mes). Ao comezar cada trimestre anunciamos as datas.
- Onde: Escuela de Danza Déborah, Rúa Xan Guillermo, 25, 36002 Pontevedra.
- Prezo: 40 € ao mes ou 110 € o trimestre.
Non necesitas experiencia previa nin vir en parella: aprendemos paso a paso, nun ambiente próximo e divertido, e na clase bailamos todos con todos rotando as parellas.
Importante: por normativa da escola hai que traer un calzado para a aula, distinto do da rúa. Vale calquera zapatilla cómoda (mellor se a sola esvara un pouco); evita os tacóns altos e as plataformas.
Dúbidas? Chama a Nerea ao 687 13 12 05 ou escribe a [email protected].
Venres
Escuela de Danza Déborah