inscricións

INSCRICIÓN NAS CLASES DE SWING EN PONTEVEDRA

Este é o FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS🕺 CLASES DE SWING EN PONTEVEDRA 💃
Apetéceche aprender a bailar Swing, gozar de boa música e compartilo con máis xente?

En OUTUBRO chega o Swing a Pontevedra!

Non necesitas experiencia previa: aprenderemos paso a paso nun ambiente próximo e divertido.

Non necesitas vir en parella: na clase bailamos todos con todos e rotamos as parellas.

📅 CANDO?
As clases serán 2 venres ao mes, con 2 horas de clase cada venres.

Horario: 19:30 – 21:30 h

Estes serán os venres do primeiro trimestre:

Outubro: 2 e 23
Novembro: 13 e 20
Decembro: 11 e 18
En total: 4 horas de clase cada mes.

Ao comezo de cada trimestre anunciaranse os dous venres correspondentes a cada mes.

💰 PREZOS
Mensualidade: 40 €/mes por persoa

Trimestre completo (outubro–decembro): 110 €/persoa

--> Abóase en efectivo o primeiro venres de clase de cada mes.

Se sabes que queres vir durante todo o trimestre, podes aproveitar o desconto pagando o trimestre completo.

📍 ONDE?
Escuela de Danza Déborah – Pontevedra

📍 Rúa Xan Guillermo, 25, 36002 Pontevedra

⚠️ Moi importante!⚠️
Por normativa da escola, é preciso traer un CALZADO exclusivamente para usar na aula que sexa diferente do que se utilizou na rúa.
Non se require un calzado específico pero recoméndase levar calzado cómodo, deportivo 👟 , ou zapatillas tipo Victoria ou Converse, calquera calzado de baile urbano ou deportivo, e por suposto zapatos de swing ou de baile con sola de coiro ou de feltro 👞 . Se a sola che permite esvarar, moito mellor.
Desaconséllase utilizar zapatos de tacón 🚫👠 (especialmente se é tacón alto), plataforma ou sola elevada de esparto. O risco de torcedura de nocello ou outras lesións derivadas dun calzado inapropiado será responsabilidade do alumno.

🎶 COMEZAMOS EN OUTUBRO Súmate!

TES ALGUNHA DÚBIDA? Contacta!

📞 687 131 205 · Nerea

✉️ [email protected]

🔒 PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais facilitados a través deste formulario serán utilizados exclusivamente polos profesores de ¡Baila Swing! para xestionar as inscricións, a comunicación co alumnado e os pagamentos correspondentes ao curso.

Non se cederán a terceiros agás que exista unha obriga legal que así o requira.

Ao enviar este formulario, confirmas que os datos proporcionados son correctos e aceptas a súa utilización para as finalidades indicadas.

Vémonos na pista! 💃🕺

Se o teu número non é español, inclúe o prefixo internacional (+33, +49, +54…).